Thursday 02 de May de 2024

Rematadas as obras de mellora das transversais á rúa Flaire, en Camelle


A alcaldesa, Sandra Insua; o concelleiro de Obras, Sergio Caamaño e a concelleira de Servizos Sociais, Begoña Tajes, acudiron ao acto de recepción dos traballos.

O Concello de Camariñas rematou as obras de mellora das transversais á rúa Flaire, en Camelle, que contaron cun orzamento total de 32.764,45 euros. A alcaldesa, Sandra Insua; o concelleiro de Obras, Sergio Caamaño e a concelleira Begoña Tajes acudiron ao acto de recepción das mesmas.
Os traballos incluíron a mellora do pavimento das rúas. Renovouse ademais a rede de saneamento, construíuse unha nova rede de pluviais, e tamén novas acometidas de saneamento, pluviais e abastecemento de auga.
Dentro deste proxecto, financiado a través do Plan Único da Deputación da Coruña, levouse a cabo a urbanización das rúas anteriormente mencionadas, co obxectivo aumentar a seguridade dos peóns e acondicionala para persoas con mobilidade reducida.